Desde a creación do Centro
en 1983, o Arquivo Gráfico foise xestando a partir das
imaxes recompiladas para exposicións, publicacións
e labores de investigación.
O Arquivo conta con ilustracións
de interese para a historia das obras públicas, correspondentes
a copias de planos, fotografías de infraestruturas, debuxos,
gravados, etc. É un atractivo arquivo de referencia no
que hai reunidas fotografías referidas á obra pública,
tanto de España coma da América colonial.
O material
pódese consultar a través dunha base de datos onde
aparecen as referencias de cada obra, coa súa respectiva
imaxe. Na actualidade, continúase o proceso de envorcado
de datos do ficheiro manual a soporte informático. |