Min.Fomentoministerio de medio ambientecedexCEHOPU
 
 
 
Centro de Estudios Históricos de Obras Públicas y Urbanismo
 
 
archivo fcasado

Fondo Ingeniero Fernández Casado

No CEHOPU está depositado o arquivo do enxeñeiro Carlos Fernández Casado. O fondo está constituído por expedientes de proxectos de obras, fotografías e documentos do seu arquivo persoal que dan conta de case todas as súas actividades profesionais.

Este material recibiuse mediante un acordo cos seus herdeiros e a empresa Carlos Fernández Casado, S.L. con fins de estudo, divulgación e conservación.


Datos identificativos

Identificador:

  ACFC

Título:

  Fondo Ingeniero Fernández Casado

Datas:

  1931-1982

Extensión:

  100 caixas (12 metros lineais)

Idioma:

  Español

Arquivo:

  CEHOPU- CEDEX
  Ministerio de Fomento
  c/ Alfonso XII, 3-5 28014 - Madrid
  Tel. 91 335 72 39. Fax. 91 335 73 50
  mailto:biblioteca.cehopu@cedex.es

Alcance e contido

O fondo reúne documentación do arquivo de proxectos de Carlos Fernández Casado (procedente da oficina técnica que leva o seu nome) e do seu arquivo persoal. O principal contido consta de expedientes e proxectos de obras de enxeñería civil. Ademais dos planos, propostas técnicas, orzamentos, cálculos de estruturas, etc., estes expedientes reúnen numerosas fotografías feitas antes, durante e despois da execución das obras. O fondo complétase con outros documentos de distinta natureza (correspondencia, manuscritos, fotografías) do enxeñeiro.

Historia e biografía

Carlos Fernández Casado naceu en Logroño o 4 de marzo de 1905 e faleceu en Madrid o 3 de maio de 1988. En 1924, con dezanove anos, obtén o título de Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos. Ademais posúe os títulos de enxeñeiro de Radiotelegrafía pola “Ecole Superieure d'Electricité” de París (1926) e de Telecomunicación (1927) e as licenciaturas en Filosofía e Letras, especialidade de Historia (1944) e en Dereito (1973).

Inicia a súa carreira profesional como enxeñeiro en Granada e será alí onde establece amizade con Federico García Lorca e Fernando de los Ríos, membros do grupo vangardista Gallo, formándose as bases do seu pensamento sobre a enxeñería.

De volta a Madrid en 1932 entra a traballar na empresa Huarte y Cía na que desenvolverá gran parte da súa actividade profesional e onde creará en 1950 un laboratorio para o estudo de estruturas en modelo reducido. Este traballo compaxínao co de enxeñeiro funcionario do Ministerio de Obras Públicas e, en 1967, crea xunto con Javier Manterola Armisén e o seu su fillo, Leonardo Fernández Troyano, a sociedade “Carlos Fernández Casado”, para o desenvolvemento de proxectos e dirección de obras de estruturas.

En canto á actividade docente, Fernández Casado ocupa a cátedra de Pontes de Fábrica da Escola de Camiños de Madrid desde 1961. Así mesmo, imparte clases no Curso de Estudos Maiores da Construción máis coñecido como CEMCO do Instituto Torroja, dirixido nesa época a profesionais iberoamericanos e no Instituto de Restauración de Monumentos da Dirección Xeral de Belas Artes.

Foi académico de número da Real Academia de Belas Artes de San Fernando desde 1976 e entre os galardóns recibidos atópanse a medalla da Asociación Internacional de Pontes e Estruturas, as medallas das asociacións Española e Internacional de Pretensado.

As súas investigacións, conferencias e pensamento quedaron plasmados en numerosos escritos. Os de carácter técnico, dedicados tanto á teoría como ao desenvolvemento práctico do cálculo de estruturas ou a resistencia de materiais atópanse recollidos en monografías, actas de congresos e revistas especializadas nacionais e internacionais. Entre os textos máis significativos pódense citar Cálculo de las estructuras reticulares (1934), Resistencia (1941) ou La arquitectura del ingeniero (1975).

O seus estudos sobre o patrimonio da enxeñería española, pioneiros na súa época, son de consulta obrigada para o investigador da historia das obras públicas, como é o caso de Historia del puente en España: puentes romanos ou Acueductos romanos en España. Ademais afondou noutros campos do saber como a historia, a arqueoloxía e a filosofía.

Os seus proxectos, realizados nun amplo arco cronolóxico que abarcou desde principios dos aos trinta ata a década dos setenta, supuxeron unha decidida aposta pola modernidade e pola recepción das innovacións técnicas máis relevantes que se estaban desenvolvendo internacionalmente. Desde 1930 estudou sistematicamente os tipos de pontes de tramo recto que tivo como resultado a súa Colección de Puentes de Altura Estricta, aprobada polo Ministerio de Obras Públicas en 1939. Foron unhas trescentas as pontes construídas con modelos da Colección, entre elas a ponte de El Pardo ou a de Puerta de Hierro, ambas as dúas dos anos 30.

Entre as súas obras de enxeñería recoñecidas internacionalmente atópanse os pasos a distinto nivel na autopista Las Rozas-Villalba, a ponte de Castejón sobre o Ebro, a presa de Quentar, o acueduto do Najerilla, as estruturas de edificación das Torres Blancas ou a cuberta da tribuna do estadio San Mamés.

Moitas destas obras ensaiáronse en modelo reducido no laboratorio de Huarte, que posteriormente trasladou a súa oficina; entre outras as autocimbras da ponte de Mérida, a cuberta da Nave de Laminación de Avilés, o modelo de microformigón para a ponte de Galapagar, diversas vigas pretensadas, vigas caixón para pontes continuas, etc.

Información sobre adquisición

O fondo recibiuse en CEHOPU tras a sinatura dun acordo, o 27 de febreiro de 2008, entre o CEDEX e os herdeiros de D. Carlos Fernández Casado xunto coa empresa Carlos Fernández Casado, S.L., co compromiso de facilitar a investigación, difusión e conservación da súa obra e pensamento.

Novos ingresos

Desde a sinatura do acordo non se realizaron novos ingresos.

Organización

A documentación atópase organizada nunha serie principal, correspondente a expedientes e proxectos de obra civil. A correspondencia, manuscritos e materiais gráficos (non directamente relacionados cos proxectos de obra), recóllense en tres series aparte. No arquivo hai inventariadas máis de duascentas obras e preto de dúas mil fotografías.

Condicións de uso

Permítese usar os contidos dispoñibles a través deste sitio sempre que se inclúa a mención de: Archivo Carlos Fernández Casado, CEHOPU-CEDEX. No caso das fotografías aplícase este mesmo criterio. As solicitudes deben realizarse por escrito e dirixirse ao Archivo, e nelas débese especificar o uso previsto do material solicitado.

Condicións de acceso

Os documentos orixinais poden consultarse no CEHOPU previa solicitude. Cando o estado de conservación así o requira só se poderán consultar as copias dixitalizadas.

Requisitos técnicos

Non se require o uso de ningún dispositivo de lectura especial para consultar a documentación.

Procesamento

2007

Iníciase a descrición de expedientes de proxectos e obras para utilizar na exposición “Carlos Fernández Casado. Ingeniero”.

2007-2010

Dixitalización de material gráfico (fotografías, planos, etc.). Continúase a tarefa de descrición de expedientes e do material gráfico. En 2009 iniciouse a conversión das descricións ao estándar EAD-XML.

Forma de citación

Archivo Carlos Fernández Casado, CEHOPU-CEDEX

Documentación relacionada

  • Archivo General de la Administración
  • Archivo del Ministerio de Fomento

Bibliografía

  1. Bonet Correa, Antonio; Fernández Troyano, Leonardo; Manterola Armisén, Javier. Carlos Fernández Casado. Madrid: Fundación Esteyco, 1997. 119 p. : il. b. y n. ; 23 cm. ISBN 84-92-1092-2-X
  2. Carlos Fernández Casado. Ingeniero. Madrid: Ministerio de Fomento, Centro de Publicaciones, 2007. 2 v. (309, 258 p.) : il. col., b. y n. ; 26 x 22 cm. ISBN: 978-84-7790-441-0
  3. De parte a parte : Carlos Fernández Casado S.L. Oficina de Proyectos. Madrid: Carlos Fernández Casado, S.L., 2004. 275 p. : il. ; 32 cm
  4. Fraile, Alberto; Hermanns, Lutz; Alarcón, Enrique. El cálculo de estructuras en la obra de Carlos Fernández Casado. Informes de la construcción. 2008, 60 (509): 45-56, 37
  5. Juan Aracil, José Luis. Semblanza de un hombre. Cauce 2000: Revista Cultural, Técnica y Profesional de los Ingenieros de Caminos. 1983, (1): 33-34
  6. Manterola Armisén, Javier. Personalidad y obra de Carlos Fernández Casado. Revista de Obras Públicas. 1988, (3274): 1013-1026
  7. San Baldomero Ucar, José. Ingeniería y filosofía : Carlos Fernández Casado y Xavier Zubiri. Logroño: Instituto de Estudios Riojanos, 1992. 79 p., il. ; 24 cm. ISBN 84-87252-80-X
  8. Sopeña Ibáñez, Federico; Chueca Goitia, Fernando; Pardo Canalis, Enrique; Moya Blanco, Luis; González de Amezúa, Ramón. Necrologías del Excmo. Sr. Don Carlos Fernández Casado. Academia, 1988, (66): 75-102
   
enderezo c/ Alfonso XII, 3-5 - 28014 Madrid
horario: de lunes a viernes de 9:00 a 14:00
teléfono: (+34) 913 35 72 39
fax: (+34) 913 35 73 50
e-mail: biblioteca.cehopu@cedex.es
   
  archivo Carlos Fernández Casado | Carlos Fernández Casado archive | arxiu Carlos Fernández Casado | arquivo Carlos Fernández Casado | Carlos Fernández Casado artxiboa
   
 
  
menú principal
centro de documentación
  
arquivo Carlos Fernández Casado
  
 fondos
 
descrición do fondo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
series
 
 
 
índices
 
 
 pub
 
 
 (*) información disponible en castellano
  
 mapa do sitio flecha
 volverflecha
 
  
CEHOPU, Alfonso XII, 3-5 - 28014 Madrid - tel: (+ 34) 913 35 72 00 - fax: (+ 34) 915 28 03 54sobrebiblioteca.cehopu@cedex.es
CSS | WAI AA | XTML 1.0 | RSS© 2006-10: CEDEX - CEHOPU